Este venres 6 de xuño, arrancará no Pazo de San Marcos o #INLUGO14, o congreso gratuíto e aberto ó publico sobre Internet máis importante de Galicia, que converterá a Lugo no centro de referencia das redes sociais da Comunidade. As 200 entradas para seguir o evento no Salón de Actos da Deputación esgotáronse en tan só unha hora. Quedan dispoñibles as derradeiras localidades para facelo dende o Salón de Plenos. Os interesados poden conseguir unha en www.deputacionlugo.com ou www.inlugo.com.
Ás 16:00 horas abriranse os salóns e entregaranse as acreditacións. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro (@jrgomezbesteiro), dará comezo ó congreso ás 16:30 horas e presentará a ponencia inaugural, a de Ramón Lobo (@ramonlobo). Xornalista, escritor de éxito, blogueiro e corresponsal de guerra en conflitos como os de Bosnia, Kosovo, Chechenia, Irak, Afganistán, Serra Leona ou Ruanda, Lobo falará sobre O verdadeiro momento do xornalismo dixital.
O congreso continuará ás 17:45 horas coa mesa redonda sobre Os virais que nos gobernan, na que participarán Pepo Jiménez (@Kurioso), responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos, e Delia Rodríguez (@delia2d), xornalista do Huffington Post, experta en Internet e autora de Memecracia, onde relata o fenómeno dos memes e virais, así como a súa influencia na sociedade. Ás 19:00 horas, Efrén Álvarez (@EfrenMasterChef), lucense que participou en Master Chef, e os blogueiros Luis Rodríguez (@luisete) e Paco Becerro (@futurobloguero) avaliarán A moda gastronómica. A xornada rematará ás 20:00 horas, con Humor 2.0. Actuación musical a cargo de Víctor Grande (@vicgrande).
Programación do sábado
A programación do sábado é a seguinte:
10:45 horas.- Lugo na rede. Presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e co ADN lucense, que contará coa participación de Elio Laureano, de Didimox; Hugo Iglesias, de Miramar Cruceros y Nudoss; Rubén Pérez e Kathryn Phillips, Don´t be a foreigner; Santiago Martínez, Ocio en Galicia-Ocio en Lugo e Tamara Raposo, xornalista e Community Manager.
12:00 horas.-Taller de alfabetización dixital, a cargo de Juan García (@blogoff).
13:00 horas.- Mesa redonda Open Government, coa participación de coñecidos profesionais do sector: Pablo Rivera (@priveracapon); Carlos Guadián (@carlosguadian) e Cristina Juesas (@maripuchi).
16:30 horas.- Lo bueno, si breve… 8 ponencias de 15 minutos
– O día que a moda chegou a Internet, Paloma Abad (@palomaabad), El País.
– De San Fernando a California, Alexandra Guerrero (@Drita). Editora xefe de Engadget España
– Imos a empezar a deixar de parecer e empezar a ser, por Clara Ávila (@claraavilaC), consultora Social Media e blogueira
– A revolución das Google Glass, por Juan Barambones (@remotteglass), CEO de Remotte.
Blogs e nais. O meu xefe é Ricky Martin, por Lucía Sández (@babybaballa)
– Máis importantes que o FBI, por Carlos Fernández, Community Manager de @policia
– Así se ve o mundo dende 100 metros de altura, por Rubén e Nacho, de Air-e Lugo (@AIR_eProduccion)
– Celebrities&Twitter, por Laura Pintos (@credula).
19:30 horas.- Entrega dos II Premios #INLUGO
20:00 horas.- Os 10 mellores momentos de Internet 2014, por Pepo Jiménez (@kurioso)
20:30 horas.- Foto de familia. Despedida e peche do acto.
Éxito dunha iniciativa de fondos europeos
O ano pasado, a primeira edición do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO converteuse en Trending Topic en Twitter e foi seguido en directo por máis de 2.000 persoas a través das redes sociais. Trátase dunha iniciativa cofinanciada nun 80% por fondos europeos do Innova-TE, enmarcada na aposta da Deputación por achegar as novas tecnoloxías ós cidadáns. Ten como obxectivo fundamental fomentar o uso da rede e das novas tecnoloxías entre todos os sectores da poboación e reflexionar sobre as implicacións que ten na vida diaria.