Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove celebrou o primeiro torneo de xadrez pre-benxamín

xadrezEste sábado 24 de maio, en horario de 10.00 a 13.00 horas, celebrouse na Sala Multideportiva Municipal de Xove o primeiro TORNEO DE XADREZ PRE-BENXAMIN “ACD.XOVE” organizado pola ACD.XOVE e con colaboracion do Concello de Xove.

En total 30 xadrecistas das seguintes entidades: ANPA, Vista Alegre de Burela, ANPA. Virxe do Carme de Burela, CP.O Pilar de Foz, C.Martinez Otero de Foz, Casa da Xuventude de Viveiro e ACD.XOVE.

Entregáronse agasallos a tódolos participantes e trofeos ós tres primeiros clasificados.
O campión deste Torneo foi Pablo González de ANPA Vista Alegre, o segundo clasificado foi Xavi Villaverde de ANPA Virxe do Carme e o terceiro, Raúl Cayón, de ANPA Vista Alegre.

Os xogadores tamén puideron disfrutar dun xadrez de pezas xigantes, e dun xadrez magnético que foi a súa ledicia durante os tempos de descanso.

Exit mobile version