Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada formativa en Xove sobre compostaxe doméstica

Vai desenvolverse este xoves 22 de maio a partiras das 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.

Organizada dentro dun Programa da Mancomunidade da Mariña Lucense, conta coa colaboración organizativa da Concellería de Agricultura do noso Concello.

Para participar nesta Xornada, realizouse unha inscrición previa xa que había un número limitado de prazas, inscrición que se abriu a tódalas persoas do concello. Finalmente foron 30 as persoas que se inscribiron e que mañá van aprender como funciona a compostaxe doméstica.

A Xornada vaina impartir a Técnico en Medioambiente Mayra Moure, quen lles vai explicar aos participantes o que é a compostaxe doméstica, co fin de que poidan facer o seu propio abono natural nas súas casas.

Unha vez rematada a charla, vaiselles facer entrega dun composteiro a cada un dos inscritos co fin de que apliquen prácticamente nos seus domicilios o aprendido. Os composteiros foron doados por Sogama, quen colabora deste xeito na realización da Xornada.

Exit mobile version