O Concello de Alfoz organiza unha viaxe a Betanzos e Cerceda que se desenvolverá o xoves 5 de xuño con motivo da ampliación do programa de compostaxe doméstica e da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente 2014. Un grupo de 50 veciños, seleccionados por rigorosa orde de inscrición, poden visitar o Museo das Mariñas (Betanzos), o casco histórico e mercado tradicional de Betanzos e o complexo medioambiental de Sogama (Cerceda). As persoas interesadas deben acudir ás oficinas municipais ou chamar ó teléfono 982 558 581, antes do 31 de maio. Non hai límites de idade. O xantar non está incluído e ten un custo de 10 euros. A saída está prevista para as 8:30 horas e a chegada para as 20:45 horas.
Viaxe a Betanzos e Cerceda dende Alfoz
Viaxe a Betanzos e Cerceda dende Alfoz
Relacionado
-
Taller de foto de luz negra impartido esta fin de semana por Diana Fajardo na Casa da Cultura en San Cibrao
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia