Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz acusa ó goberno do PP de Foz de “estar en funcións, aínda que sen funcionar”

Pasados tres anos do PP no goberno de Foz, o Sr Alcalde e o seu “equipo”, teñen demostrado que son incapaces de gobernar e sobre todo non son quen de conservar a herencia recibida en prestación de servizos:

-Cada ano que pasa perdemos unha bandeira azul das nosas praias, sen un ano foi Xuncos, a gora tamén a perde a praia das Polas, por falta de traballo e interese de este goberno do PP de Foz.

-A sinalización horizontal,,, fai mais de dous anos que non se repón, e así podemos ver os pasos de peóns e direccións das rúas que nin se poden ver,, co conseguinte perigo para peóns.

-A falta de limpeza do Pobo, é algo que dia trás dia se pode ver por parte dos veciños, menos os membros do E.Goberno que parece miran para outro lado.

-A parálise administrativa e total, Subvencións perdidas e outras sen solicitar, sen orzamentos municipais,,, e así estamos dende que o PP empezou a gobernar no ano 2011.

-A falta de iniciativas e promoción turística é un exemplo mais do abandono de este goberno.
-A privatización de servizos e a falta de atención as persoas de axuda no fogar , e outra das cousas que temos que denunciar unha vez mais.

-O incumprimento das ordenanzas, que goberno aprobou recentemente tamén se pode considerar como de costume.

-Falta dunha liña xeral a seguir xa non so política senón de traballo elemental, cunha desorga-nización total dos traballadores do concello.

.- Falta de sentido en priorizar tanto de gasto corrente como de inversión
-O que prometía ser un goberno novo,,resultou ser un lastre e parálise para o noso pobo en esta lexislatura.

Exit mobile version