Site icon Crónica3.com A Mariña

Toni Deaño leu poemas de Díaz Castro no concerto das Letras Galegas da Banda de Música Municipal de Ribadeo

Ribadeo, 19 de maio de 2014. A banda de música municipal de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, ofreceu onte, domingo, no Cine Teatro o seu tradicional concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. Ademais da interpretación de oito pezas, a última delas o himno galego, o acto incluíu a lectura de poemas do escritor ao que se dedicou este ano a xornada, Xosé María Díaz Castro, do que se encargou o profesor ribadense Toni Deaño.

Un dos músicos da banda municipal de Ribadeo que participou no concerto de onte é o clarinetista Adrián Castedo Alonso, rapaz ao que a xunta directiva de Amadores da Música quere facerlle un recoñecemento público pola súa traxectoria: estuda 2º curso no Conservatorio Superior de Música da Coruña; participou en varios concertos da Orquesta Joven de la Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Roberto González, de Xosé Trigueros e de James Ross; e tamén tocou coa Orquesta Gaos, dirixida por Fernando Briones.

Exit mobile version