No acto, os 18 recén titulados da Escola Politécnica Superior de Lugo recibiron as insignias e diplomas. Ademais, tamén se presentou o libro Escenarios profesionais do Enxeñeiro Agrónomo, de Joaquín Giménez de Azcárate Moreno, editado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia con motivo da conmemoración do 60 aniversario da súa creación.
Xunto a Santos Ramos, participaron no acto, o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos, Pedro Calaza Martínez; o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o Director da Escola Politécnica, Javier Bueno Lema, e a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Barcia Tellado, quen ofreceu unha conferencia acerca do papel do enxeñeiro agrónomo na conservación da natureza.