Lugo, 20 de maio de 2014.- O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, participou este martes na entrega dos Premios Fin de Carreira-San Cidre 2014, que conceden o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia e a USC a 3 recén titulados da Escola Politécnica Superior de Lugo. O primeiro premio, que conta cunha dotación económica de 1.000 euros, foi para Beatriz Pazos Rivas. O 2º para Iván Díaz López e o 3º para Ignacio Campo Cacharrón. Consisten en ámbolos dous casos nun accésit e diploma acreditativo.
No acto, os 18 recén titulados da Escola Politécnica Superior de Lugo recibiron as insignias e diplomas. Ademais, tamén se presentou o libro Escenarios profesionais do Enxeñeiro Agrónomo, de Joaquín Giménez de Azcárate Moreno, editado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia con motivo da conmemoración do 60 aniversario da súa creación.
Xunto a Santos Ramos, participaron no acto, o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos, Pedro Calaza Martínez; o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o Director da Escola Politécnica, Javier Bueno Lema, e a Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Barcia Tellado, quen ofreceu unha conferencia acerca do papel do enxeñeiro agrónomo na conservación da natureza.