Deste xeito, os gañadores foron:
CATEGORÍA ESCOLAR ATA 14 ANOS
O primeiro premio foi obtido por Carolina Cordido García do CEIP de Cervo coa obra “Piricadas”, e o segundo premio foi para Laura Herbello Piñeiro do IES María Soliño coa obra “Anna nunha aventura submarina”.
CATEGORÍA ESCOLAR ATA 18 ANOS
O primeiro premio recibiuno Daniel Noya Pintos do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra pola banda deseñada “Fálame do Mar” e o segundo premio foi para unha obra titulada “Albor” presentada por Alicia Martínez Abal, alumna do IES A Xunqueira 1 de Pontevedra.
CATEGORÍA ABERTA
O primeiro premio foi obtido por Inés Vázquez Ramallal coa obra “Sempre Abril” e o segundo premio foi para José Miguel Martínez García (Guionista) & Óscar López Gómez (Debuxante) coa obra “A eternidade dun intre”.
A organización quere mostrar o seu agradecemento a todos os participantes e especialmente aos docentes e alumnado dos centros educativos que amosaron o seu interese por estes Encontros.