Site icon Crónica3.com A Mariña

Sargadelos no 17 de maio

Elisa Pérez.- Onte, 17 de maio, no dia no que festexamos a nosa língua, as nosas letras, o comité de empresa da Fábrica de Cerámica de Sargadelos, convocounos a cidadania a unha marcha pola nosa cultura e pola continuidade dun proxecto produtivo e cultural singular. Non é dificil recoñecer o impacto que na nosa comarca, e no Pais, tivo e segue a ter esta experiencia de produción cultural que durante 45 anos recuperou do silencio e do esquencemento a arte e a historia deste pais de vencid@s.

A marcha percorreu a distancia entre a Fábrica actual e as Antigas Fábricas do S.XVIII e XIX, e unha vez no lugar, non puiden evitar percorrer esa distancia no tempo: ano 1875, o primeiro complexo industrial do Noroeste Peninsular pecha a sua produción pola conxunción de varias circunstancias, a principal, dificultade no finanzamento e ausencia de apoio das Institucións. O persoal, principal capital dun proceso produtivo, vese forzado a emigrar para outras fábricas, noutras terras, sabemos de José Maria Cao, deseñador, que acada recoñecemento na Arxentina.

1878 en subasta pública todo o complexo é vendido a unha nobre foránea, a Marquesa de Cienfuegos, adormecendo durante un século.

Está é a historia de tantas pérdidas, aquela que renovamos con teimosia.

Hoxe semella que estamos no S.XIX, dividid@s e con falta de claridade, a que nos fai falta para dar un paso adiante e outo adiante, para defender a pervivencia do proxecto produtivo e cultural do que moit@s nos gabamos.

A historia, se a coñecemos, pode axudarnos a comprender e loitar polo presente naquilo que realmente merece a pena, e Sargadelos mereceo.

Elisa Pérez Vázquez, Veciña da aldea de Sargadelos.

Exit mobile version