Este domingo 18 de maio o grupo dos Ñañaras participou no XIV Festival de baile Tradicional Azaloira que se celebrou no Auditorio Manuel Dopazo en A Bandeira (Silleda).
O grupo dos Ñañaras acadou o primeiro posto na categoría xuvenil (de 12 a 16 anos), dotado de 500€ máis un trofeo. Tamén había sección infantil (8-12 anos).
O festival durou case tres horas e nel competiron 10 grupos en cada unha seccións, na que se encontraban asociacións de toda Galicia, como Cantigas e Agarimos de Santiago, Sete Ferreñas de Rianxo, Centro Cultural de A Ponte Vella de Teo, Xeitosos de Trazos, asociacións que teñen tras de sí unha gran traxectoria. Saíñas é a única asociación da provincia Lugo que este ano nos está a representar neste tipo de Concursos de Baile Tradicional.
Con este merecidísimo primeiro posto ponse de manifesto a grande calidade de bailaríns que ten a Asociación Cultural Saiñas de Xove, o cal, tamén é froito de moitos anos de gran traballo por parte de todos os que compoñen esta asociación dende os bailaríns, profes, músicos, pandereteiras, nais, pais, directivos…
A próxima cita será no mes de xuño en A Coruña.