Desde hai uns meses as asociacións culturais da comarca veñen desenvolvendo actividades para homenaxear ao músico Miro Casabella. O pasado 25 de abril foi a vila de Ribadeo a que acolleu o primeiro dos concertos “Por ceibar a voz”. Agora o colectivo Pensamento e sementeira organiza en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, o segundo dos concertos de homenaxe ao músico do Valadouro. Será o vindeiro 7 de xuño, ás oito e media da tarde en el intervirán, ademais do músico homenaeado, Miro Casabella o cantautor guardés Tino Baz, a Coral Polifónica de Viveiro, David Bellas e músicos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. O colectivo viveirés que convocou, a finais do ano pasado a colectivos culturais da comarca, fai parte da comision organizadora que está a programar o acto central destas homenaxes que terá lugar no verán, na vila natal de Miro Casabella, o primeiro sábado do mes de xullo.
“Por ceibar a voz” con Miro Casabella no Pastor Díaz
“Por ceibar a voz” con Miro Casabella no Pastor Díaz
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes as instalacións do Roq Park, en Viveiro, que acolleron nas últimas semanas as xornadas de promoción de carreiras de orientación no marco do programa de deporte escolar “Xogade” da Xunta de Galicia
-
Discosta Norte organiza o 2º Campionato de coctelería da Mariña e as Xornadas da hostalería
-
Noso, de Náufragos Teatro, este sábado no Pastor Díaz de Viveiro