Site icon Crónica3.com A Mariña

Podio para o Enduro Team Galipizza&cía en Sober

santi-manuelO Enduro Team Galipizza&cía acudía ó primeiro Enduro de Sober cos seus dous pilotos: Manuel Grandío, competindo en Open 2T, e Santi Chao, en veteranos pro 4T.

Ámbolos dous pilotos chegaban a esta proba coa espiña cravada de non poder puntuar na anterior carreira en Vilar de Mouros en Portugal debido ós problemas mecánicos. E, desta volta, nunha xornada marcada polas altas temperaturas, chegando os 30º no medio do día, e cunhas condicións moi duras para a práctica deste deporte, o piloto Santi Chao conseguiu un meritorio terceiro posto na categoría veteranos pro 4T, mentras que o seu compañeiro acababa en 8º lugar e conseguía así sumar uns puntos na sempre apretada clasificación de open 2T.

Estes resultados dánlle o equipo un balón de enerxía para afrontar a seguinte proba que se disputará en Cedeira o domingo 8 de axuño.

Exit mobile version