A galería madrileña Feeding Art Domus, acollerá unha mostra de esculturas e cadros cerámicos de Otero Regal baixo a denominación “In qua spiritus habitat (La casa en donde habitan los espíritus). O acto de inauguración terá lugar este xoves 22 de maio ás 20.00 horas; pero a mostra permanecerá exposta ata o 5 de xuño. As figuras elaboradas en gres refractario representan espacios arquitectónicos extraídos da memoria; lugares e tempos alleos a estes. Todas xiran en torno á casa como elemento espacial no que se xera vida.