Cervo, 21 de maio de 2014.- Os socialistas de Cervo denuncian o estado de abandono no que se atopa a fonte da parroquia de Rúa, “está totalmente cuberta de maleza, calquera que non saiba que alí hai unha fonte pasa polo seu lado e nin a ve”.
Alertan do risco que supón para os veciños que fan uso dela para un ou outro fin, “é un auténtico perigo, sobre todo, para as persoas maiores que van a ela diariamente. Os poucos pasos que hai que baixar para chegar a ela están escondidos entre herbas e silvas coas que se pode tropezar ou esvarar facilmente nos días de choiva”.
Dende o Grupo Municipal Socialista de Cervo subliñan que éste é outro máis da interminable lista de casos que denunciamos pola desidia e deixadez do noso equipo de goberno do Partido Popular, “non é máis que falta de interese por manter o noso concello nun estado envidiable. O entorno desta fonte pódese atender con medios propios e sen demasiados esforzos, para isto non hai ningunha disculpa”.
En nome dos veciños de Rúa, “pedimos que limpen e adecenten canto antes esta situación, pois estando en plena primavera, chegará un momento no que a fonte quede totalmente inutilizable”.