Este domingo 18 de maio Os Sendeiros de Foz desprazáronse a terras de Asturias con 28 senderistas que visitaron Santa Eulalia de Oscos para facer a fermosa ruta da Coba. Trátase dunha ruta de espectacular beleza que puideron realizar acompañados dun sol que, en ocasións, superaba os 30 graos. Ó rematar a ruta os participantes puideron disfrutar do xantar que cada un levou da súa casa na Área Recreativa de Ferreira de Oscos. A próxima xuntanza terá lugar o domingo 8 de xuño na Pontenova.