Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Os Bolechas e o sabichón’ farán en Barreiros as delicias de nenos e nenas de entre 4 e 8 anos o domingo 1 de xuño

Barreiros, 26 de maio de 2014. Os Bolechas e o Sabichón estarán o vindeiro domingo, 1 de xuño, ás 19 horas nos colexios vellos de San Miguel de Reinante, segundo deu a coñecer no día de hoxe o alcalde, Alfonso Fuente.

Trátase dunha nova edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes. Por terceiro ano consecutivo, propón actividades para os/as nenos/as e os non tan nenos coas que encher o tempo de ocio en galego e coas que promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

A coñecida familia Bolechas, deseñada por Pepe Carreiro, chega desde esta primavera a 48 concelllos da Rede de Dinamización Lingüística para facer as delicias dos cativos e cativas de 4 a 8 anos.
Os Bolechas e o Sabichón é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista onde se simulará un concurso. Este enfrontará a Braulio e a Pili, que solicitarán a participación e a complicidade do público para vencer.

Mediante esta estratexia, poténciase a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas, que son un referente positivo estreitamente asociado ao galego, pois Os Bolechas falan sempre en galego: nos libros, nos programas de televisión e nos espectáculos coma este.

Fuente Parga anima “a todos os pais e nais a achegar aos seus fill@s a disfrutar deste espectáculo dos Bolechas”.

Exit mobile version