Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo organiza unha visita a Sogama para que os veciños coñezan o funcionamento da planta

Cervo, 19 de maio de 2014- A Concellería de Medio Ambiente organiza para o martes 3 de xuño ás 16:30 horas unha visita ás instalacións de Sogama, en Cerceda. Para poder viaxar ata alí, estará dispoñible un autobús que sairá da Casa do Mar de San Cibrao ás 13:45 h. e pasará por diante da Casa do Concello de Cervo ás 14:00 horas. Para participar é preciso inscribirse ata o 29 de maio, ben na Casa da Cultura ou na do Concello.

Unha visita que a administración local programa co obxectivo de que a poboación coñeza de primeira man todo os pasos que se dan para o tratamento do lixo así como a reciclaxe de residuos e, desta maneira, concienciar á cidadanía da importancia de separar o lixo nos respectivos contedores.

En concreto, os veciños poderán ver a xestión da bolsa negra (lixo orgánico) e da bolsa amarela (envases lixeiros e plásticos), os dous tipos de residuos que procesa Sogama no complexo medioambiental. Unha visita na que o Concello pretende tamén que a poboación entenda “la importancia de separar los residuos en el hogar, ya que todos tenemos un papel decisivo en este proceso” asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.

A edil aproveita para convidar a participar a todas as persoas que o desexen xa que “es muy interesante conocer cómo son gestionados nuestros residuos desde que los depositamos en los contenedores”.

Da mesma maneira Alonso lembra o compromiso do Concello coa xestión responsable dos residuos, como é o caso da recollida de envases lixeiros, que asumiu a administración local con recursos propios para poder mellorar o servizo e adaptalo ás necesidades da cidadanía.

Exit mobile version