Site icon Crónica3.com A Mariña

O CIM de Ribadeo anima a participar no I Certame Galego das Artes pola Igualdade de Xénero

igualdartes cartaz 6 mayo 14-page-001Ribadeo, 21 de maio de 2014.- O Centro de Información á Muller de Ribadeo achega información sobre o I Certame Galego das Artes pola Igualdade de Xénero dedicado á literatura neste 2014, e concretamente á escritora Helena Villar Janeiro.

Difunden as bases, xa que hai tres categorías de premios, a infantil, xuvenil e adulta. Desde o Concello de Ribadeo participan nesta iniciativa, polo que lles gustaría animar a xente a que participe activamente neste concurso escribindo un relato para a ocasión.

As bases son as seguintes:

1.- Os relatos versarán sobre a igualdade entre mulleres e homes.

2.- A esta convocatoria poderán concorrer mulleres e homes nas seguintes categorías:
– Categoría infantil (de 7 a 11 anos)
– Categoría xuvenil (de 12 a 18 anos)
– Categoría adulta (de máis de 18 anos)

3.- Os relatos cumprirán, para concursar, os seguintes requisitos:
– Estar escritos en lingua galega, segundo a normativa oficial.
– Ser orixinais e inéditos e non ter sido premiados en ningún outro certame; así, presentarán declaración xurada na que manifesten as referidas cuestións.
– Poderase concursar soamente cun único relato.
– Ter unha extensión mínima de un folio e máxima de tres folios, ademáis dunha portada.

4.- Cada autor presentará o orixinal e cinco copias, sen sinatura, en tamaño DIN-A4, a dobre espazo e por unha soa cara. O tamaño da letra será de 12 puntos e o tipo de letra Arial.
– Para preservar o anonimato do/a autor/a, presentarase nun sobre pechado no que figurará o lema, o título da obra e a categoría pola que se presenta. Ese sobre conterá outro tamén pechado no que consten os datos persoais (nome, apelidos, enderezo, conta de correo electrónico, teléfono de contacto, residencia, fotocopia do DNI e a declaración xurada que figura no punto 3).
– Serán automáticamente eliminados os relatos que sexan irreverentes, fagan apoloxía de actos delitivos, sexan soeces ou que gramatical ou ortográficamente sexan manifestamente incorrectos.
– Enviaranse por correo certificado á Rúa Rita Rivera Chao nº 15 – 4º As Pontes (A Coruña) C.P. 15320.

5.- O prazo de admisión de orixinais remata o 26 de Maio de 2014 ás 15:00 horas.

6.- O xurado estará constituído por unha Filóloga, unha Educadora Familiar e unha Axente de Igualdade. O fallo do xurado será inapelable.

7.- Os relatos gañadores pasarán a ser propiedade de Bolboreta S.C., quen poderá difundilos sen que as persoas participantes reciban máis beneficio que a publicidade.
Os traballos non premiados poderanse recoller durante os 30 días seguintes á publicidade do fallo do xurado. De non facelo nese prazo, quedarán destruidos.

8.- Concederanse dous premios e diploma por cada categoría.
Categoría infantil:
1º premio – 150€, o conto titulado “Raúl de Helena Villar Janeiro e Diploma do Certame.
2º premio – 75€, o conto que leva por título “Dona e Don” escrito por Helena Villar Janeiro e Diploma do Certame.

Categoría xuvenil:
1º premio – 180€ e o conto “Viaxe a Illa Redonda” (Premio Barco de Vapor 1988) de dona Helena Villar Janeiro e Diploma do Certame.
2º premio – 100€ máis Diploma do Certame.

Categoría adulta:
1º premio – 180€, a novela titulada “Morrer en Vilaquinte” (gañadora do Premio Galicia de Narrativa 1980) de Dona Helena Villar Janeiro e Diploma do Certame.
2º premio – 100€ e Diploma do Certame.

9.- Os premios fallaranse o día 12 de Xuño de 2014 e, inmediatamente, comunicaráselles ás persoas premiadas.

10.- A entrega de premios, da man da escritora conmemorada, será o sábado, día 14 de Xuño de 2014, ás 12:00 h. na Casa da Cultura de San Sadurniño (Coruña); sendo obrigatorio a presenza d@s gañador@s no acto.

11.- Presentarse ao certame supón aceptar íntegramente estas bases.

Exit mobile version