O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, recibiron este domingo ás batukadeiras Nos HeranÇa, que chegaron a Burela procedentes de Cabo Verde para disfrutar destes días de festa cos seus paisanos e paisanas afincados en Burela desde hai anos. Nos HeranÇa participou nos actos do Día de África que se desenvolveron na praza de Abastos. O Día do Neno tamén se celebrou este domingo con grande éxito de asistencia.