Site icon Crónica3.com A Mariña

López Penabad salienta o compromiso de Ana Pastor con Ribadeo e di ser un exemplo de política responsable

Ribadeo 20 de maio de 2014.- Ribadeo contou esta tarde coa presenza dun exemplo de responsabilidade e boa xestión. A ministra de Fomento, Ana Pastor, viaxou ao norte da provincia de Lugo para participar no mitin que os populares organizaron no día de hoxe.

Foi o presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, o encargado de abrir o acto. Palabras de agradecemento e eloxios para unha ministra comprometida con este concello.

Logo de facer unha análise do que significan as eleccións europeas e da importancia que supón ir a votar o vindeiro domingo, o popular agradeceu á titular de Fomento o seu compromiso con municipio e lembrou que gracias a súa xestión e responsabilidade hoxe a A-8 é unha realidade os ribadenses podemos estar na capital da provincia nunha hora.

Lembrou López Penabad que foi un Goberno do PP o que empezou esta autovía e tivo que ser outro Goberno popular quen pagou as expropiacións que outros deixaron pendentes e que a finalizou.

O popular destacou a importancia de asistir o vindeiro domingo as urnas e votar ao PP, o partido do progreso e da recuperación.

Cañete, o mellor candidato
Foi a Ministra de Fomento, Ana Pastor e o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro os que puxeron de manifesto a solvencia de Miguel Arias Cañete, fronte a unha candidata do PSOE que nin coñece nin defende os intereses de España na U.E. Ámbolos dous afirmaron que o candidato popular é quen mellor defende os intereses dos españois en Europa e ten claramente acreditada a súa solvencia nas institucións da Unión Europea.

Por outra banda, destacaron a negociación da reforma da Política Agraria Común (PAC) que desenvolveu o ex Ministro e agora candidato popular ás eleccións europeas e aseguraron que foi a persoa que mellor defendeu os intereses dos agricultores e gandeiros españois nas institucións europeas.

Citaron Pastor e Barreiro a Política Pesqueira Común ou a recente reforma da PAC, que supuxo que España reciba 47.000 millóns de euros do orzamento comunitario para o período 2014-2020, o que dará un marco de estabilidade ao campo español.

Exit mobile version