Site icon Crónica3.com A Mariña

José Blanco, en Cervo: “para cambiar Europa só hai un camiño: votar ó partido socialista”

Cervo (Lugo), 18 de maio de 2014. O candidato do PSdeG-PSOE ao Parlamento Europeo José Blanco asegurou que para cambiar “Europa só hai un rumbo, só hai un camiño, votar ao Partido Socialista”.

O candidato socialista participou hoxe pola tarde nun mitin na localidade lucense de Cervo acompañado de militantes da Comarca. Ali asegurou que “ninguén como o Partido Socialista pode impulsar as políticas sociais cando as cousas van ben, e ninguén coma nós as defende fronte as dificultades”.

Advertiu que as políticas do PP dan como resulltado “máis paro, máis precariedade, máis desigualdade. Esa é a realidade frente ás promesas”. O candidato socialista afirmou que agora “non hai lugar nin para a satisfacción nin para a resignación, porque é a hora da reacción”.

Denunciou que a dereita de Feijoo e Rajoy “quixo aproveitar a crise para cargarse o estado do benestar”. E proseguiu: “Non se pode dar un cheque en branco a quen está a destruir a igualdade de oportunidades”, replicou.

Blanco reclamou unha “mobilización masiva contra a austeridade e a favor do crecemento, contra a precariedade e a favor do emprego, contra a inxustiza e a favor da igualdade”.

“Os dereitos sociais -dixo- non se recuperan quedando na casa. O cambio esixe mobilización. Mobilización masiva nas urnas contra a dereita española e europea. Se queremos cambiar Europa, se queremos máis emprego, máis dereitos, máis benestar só hai un camiño: o camiño das urnas”, resumiu.

Pola súa banda o secretario provincial Juan Carlos González Santin asegurou que o 25M é o momento de parar a unha dereita que está a erradicar as oportunidades de emprego”. “Necesitamos –dixo- os vosos votos para que, a partir do vindeiro domingo, podamos dar esperanza a Europa, a España, a Galicia e a Lugo, pero sobre todo, aos máis de 27.000 parados da nosa provincia que se merecen un emprego e unha vida digna”.

A Coordinadora da Mariña, Mayra García Bermúdez lembrou que nos xogamos moito nestas eleccións. “O PP leva como candidato a Arias Cañete, o mesmo que foi responsable da perda de 300 millóns de euros procedentes da PAC para o sector agrogandeiro galego, e o responsable do reparto das cotas da pesca que discriminana aos barcos do cerco. En definitiva, un candidato que representa os intereses da Troika fronte os intereses das persoas”, resumiu.

Pola súa banda Lara Mendez aseverou “son moitos aos que se lles enche a boca falando do Estado de Benestar, pero quen o implantou foi o PSOE, e é o único que o pode e o quere recuperar. Queremos restituir todo o que perdemos coas políticas da dereita: os servizos sociais, o emprego e, en definitiva, os nosos dereitos”.

Exit mobile version