A Casa da Cultura de Monforte acolleu un concerto o venres 16 de maio baixo a denominación de “Haberá primavera” coas intervencións de César Morán e a violinista mindoniense Rebeca Maseda. “En hora e media de concerto interactivo, a violinista mindoniense sacou do seu violino as máis increíbles notas e acordes que pode facer un fermoso instrumento do século XVII”, asegura César Morán.
