Site icon Crónica3.com A Mariña

Gato Pardo, campión da Liga de Veteranos de Viveiro 2013/2014

Gato Pardo remata a tempada 2013/2014 tras gañar 23 dos 26 partidos da Liga de Veteranos de Viveiro.

Pola súa banda, O Recuncho fíxose coa segunda praza (61 puntos) grazas ás últimas vitorias da tempada coas que superou en puntos a O Mesón (60 puntos). Finalmente, Joyeros quedou na cuarta posición con 54 puntos despois de comezar a tempada no alto da táboa.

Gato Pardo foi tamén o equipo máis goleador con 142 goles a favor. O pechacancelas, Lodeiro, foi o conxunto menos goleador con 43 goles. Aínda así, o equipo que máis goles recibiu foi o Temple (171); e, pola contra, o que menos O Mesón (39).

Os resultados da última xornada foron:
O Recuncho 5 – 4 A Fonte
Joyeros 0 – 3 Punto Galego
Cofipesca 4 – 2 Soho

Temple 2 – 9 Os Arcos
Forum 1 – 2 O Mesón
Gato Pardo 7 – 3 Lodeiro
Flanagans 0 – 3 A Curva

Exit mobile version