Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto de Chingla na residencia de anciáns de Foz

O sábado día 24 de maio, ás cinco da tarde, na Residencia de Anciáns de Foz, actuará o cantante focego CHINGLA “O Trobador de Foz”. Este acto está organizado pola Asociación Cultural “O CAIADO” en colaboración coa Fundación Alcoa e o Concello de Foz. A organización agradece a asistencia de todo o público que desexe participar neste acto, arroupando así, non só ós internos da Residencia “Virxe do Carme” facéndolles compañía nun día de portas abertas, se non tamén ao fantástico cantor focego CHINGLA que estrea novo disco.

Exit mobile version