O grupo de educación nos tempos libres Chao de Castro-Altair ven de lanzar a oferta de campamento para este verán, dirixido a nenos e nenas de 7 a 14 anos e que terá lugar entre o 23 de xuño e o 4 de xullo no marco incomparable da Fraga da Furna, concello de Valadouro, en plena serra do Xistral.
Alí viviremos 12 días e 11 noites de xogos, vivac polo concello, descubertas, procura de animais salvaxes, durmida en tendas e moitas máis aventuras inesquecíbles.
O prezo do campamento será de 195€, con un prezo especial de 140€ para os socios da asociación e os veciños do Valadouro e unha oferta de 2×1 para irmáns. Ademáis, como novidade, este ano ofrecemos facilidades no pago, ofertando a posibilidade de fragmentar o pago en dous meses.
O próximo 15 de xuño celebrarase unha reunión coas familias interesadas e o 16 de xuño será o último día para apuntarse a esta gran aventura.
¡Anímate, non te arrepentirás!
Para máis información, consultar na páxina chaodecastro.wordpress.com, correo electrónico chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou no seguinte teléfono: 685 325 153 (Bruno).