Site icon Crónica3.com A Mariña

Bota a andar o grupo de axuda mutua e apoio psicolóxico da concellería de Igualdade de Ribadeo

Ribadeo, 20 de maio de 2014. Este mesmo martes bota a andar o grupo de axuda mutua e apoio psicolóxico, que pon en marcha a Concellaría de Igualdade dentro dos VIII Foros Permanentes para Mulleres. Trátase da principal novidade desta cita, que inclúe tamén un obradoiro de risoterapia, os denominados Domingos a pé e tamén unha viaxe relaxante ao spa de Vilalba.

Desde o Centro de Información ás Mulleres lembran que “dito grupo ten por obxecto a superación de determinadas situacións traumáticas por medio de terapias de grupo. É dicir aquelas nas que se atope unha persoa que ten unha enfermidade crónica, as derivadas do estrés, depresión, ansiedade e a superación de problemas persoais”. Este grupo reunirase na Casa da Cultura dúas veces ao mes durante catro meses, en sesións de hora e media. O mesmo estará dirixido pola psicóloga Juana Blanco.

E finalmente será mañá, mércores, cando se inicie o obradoiro de risoterapia. Será todos os mércores ara o 11 de xuño de 18 a 20 horas na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude.

Exit mobile version