Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumn@s do IES Monte Castelo de Burela visitan Alcoa

DSCF5850Na mañá deste martes alumn@s de 1º de Bacharelato e do Ciclo de Saúde Ambiental do IES Monte Castelo de Burela realizaron unha visita a Alcoa, en San Cibrao. Dita actividade foi organizada polas monitoras da Aula Gaia do Concello de Burela. Un total de 30 alumn@s, 2 profesoras e as monitoras de Gaia visitaron o complexo, “as súas plantas de produción de alúmina e de aluminio. Centrándose as explicacións en temática medioambiental: control da calidade do aire, emisións contaminantes, vertido, etc. Ademais plantaron unha árbore, en concreto unha oliveira, dentro do programa Dez millóns de árbores de Alcoa”.

Exit mobile version