Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades do Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo

VIII ForosComo xa vos anunciamos hai un par de semanas, están en marcha os VIII foros permanentes para ás mulleres. Oito anos que levamos nesta andaina dos foros, oito edicións adicadas a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para elas. Aínda estades a tempo de anotarvos ao Obradoiro de Risoterapia que comeza este mércores. Durante dúas horas todos os mércores até o 11 de xuño. E si estades a pasar por unha situación complexa, podedes participar do grupo de axuda mutúa e apoio psicolóxico que terá unha sesión os martes cada 15 días. E logo, xa sabedes o 1 de xuño, roteiro ás fermosísimas Fragas de Trabada. E para ir ao viaxe do Spá de Vilalba tedes que anotarvos na semana do 2 até o día 6 de xuño e nesta ocasión hai que pagar ao inscribirse os 15€. O resto das actividades son de balde. Iso si, precisamos que vos anotedes para poder participar, ben chamando ao 982 120 739 ou escribíndonos a este correo: cim@ribadeo.org.

Exit mobile version