Como xa vos anunciamos hai un par de semanas, están en marcha os VIII foros permanentes para ás mulleres. Oito anos que levamos nesta andaina dos foros, oito edicións adicadas a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para elas. Aínda estades a tempo de anotarvos ao Obradoiro de Risoterapia que comeza este mércores. Durante dúas horas todos os mércores até o 11 de xuño. E si estades a pasar por unha situación complexa, podedes participar do grupo de axuda mutúa e apoio psicolóxico que terá unha sesión os martes cada 15 días. E logo, xa sabedes o 1 de xuño, roteiro ás fermosísimas Fragas de Trabada. E para ir ao viaxe do Spá de Vilalba tedes que anotarvos na semana do 2 até o día 6 de xuño e nesta ocasión hai que pagar ao inscribirse os 15€. O resto das actividades son de balde. Iso si, precisamos que vos anotedes para poder participar, ben chamando ao 982 120 739 ou escribíndonos a este correo: cim@ribadeo.org.
Actividades do Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo
Actividades do Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo
Relacionado
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado en Ribadeo, a un veciño desta mesma localidade, de 25 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos
-
O pasado 15 de novembro celebrouse unha cea para homenaxear pola súa xubilación a Beatriz Lloret Sancho, quen durante máis de 30 anos desempeñou o posto de Enfermeira e subdirectora na Residencia de Maiores de Burela, dependente da Xunta de Galicia
-
Charla sobre poder e medios de comunicación en Ribadeo