Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA felicita aos gañadores da novena edición do “Ribadeo de tapeo”

Ribadeo, 21 de maio de 2014.-  A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo felicita aos gañadores da novena edición do Ribadeo de tapeo e amósase satisfeita do éxito do Mercado de rúa, no que varias tendas sacaron os seus artigos á rúa os días 10 e 18 de maio, durante a celebración do concurso gastronómico.

Desde a directiva de ACISA sinalan que “estamos moi satisfeitos porque 10 dos 12 finalistas do Ribadeo de tapeo son asociados nosos: AG Porcillán, Bouza, O Cabazo, A Dorada do Cantábrico, O Forno, Galipizza&Cía, Parador de Turismo, La Solana, La Villa e O Tumbín. Queremos darlles os parabéns a todos, somos conscientes do moito traballo que tiveron estes días e do que supón sempre a elaboración dunha tapa, que todos queren que guste aos seus clientes, e se ademáis queda entra os finalistas e se a maiores obtén un recoñecemento, sempre é un aliciente para seguir mellorando de cara a futuras edicións. Parabéns a todos os finalistas e aos gañadores do Ribadeo de tapeo 2014”.

ACISA estivo moi presente na novena edición deste concurso, xa que organizou varias actividades na rúa: o Mercado de rúa, os días 10 e 18 de maio, “que tivo una grande acollida entre a clientela do noso comercio e entre os que visitaron Ribadeo eses días. É unha actividade que haberá que repetir noutras ocasións, porque encheu de cor e de propostas as rúas comerciais da nosa vila”. Tamén tivo boa acollida o obradoiro de cociña Á beira do mar, que se celebrou o pasado venres na praza de abastos. Pero ademáis ACISA fará entrega de 650 euros en vales de compra de 25 euros cada ún, en todos os premios que o Concello sorteará entre aquelas persoas que acudiron ó Ribadeo de tapeo e que selaron as cartulinas que acreditan que probaron o número de tapas esixidas para optar a ditos regalos. ACISA tamén fará entrega de 25 euros en vales de compra aos establecimientos gañadores en cada categoría.

Exit mobile version