Site icon Crónica3.com A Mariña

Aarón Rivas, subcampión galego de triple salto

Un novo atleta das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo subía ó caixón dun Campionato Galego de Atletismo este sábado. Aarón Rivas, na Categoría Cadete, acadou a segunda posición en triple salto nas probas que se celebraron en Vilagarcía de Arousa grazas á súa última intervención que alcanzou os 11 metros e 28 centrímetros.

Ademais, este gran deportista alcanzaba a cuarta posición na final dos 1.500 obstáculos cun tempo de 5,08,91 e o sexto lugar na final de xabalina cunha marca de 31,13.

Acudiron tamén ás probas Nerea Bajatierra, sétima na final de lanzamento de peso cunha marca de 8,26 e décimo terceira na de martelo, con 16,72.

A velocista Xana Rodríguez participou nas semifinais de 100 lisos sendo sexta da súa serie cun tempo de 14,02.

Exit mobile version