A Peña Manfra, de Ribadeo, celebrou o pasado sábado 17 de maio o seu 45º encontro anual, que incluíu unha comida no restaurante O Lar de Manolo, da vila ribadense. Antes da comida os compoñentes da peña reuníronse no local do antigo bar Manfra, a onde regresaron posteriormente para xogar as partidas de tute tradicionais en todos os encontros anuais do colectivo. A maioría dos compoñentes da Peña Manfra son veciños de Ribadeo, pero tamén hai algúns que residen actualmente en municipios como Barreiros, Foz ou Lourenzá.