A sesión da xunta de goberno da Deputación Provincial celebrada este luns 26 de maio acordou iniciar a contratación de novo material enerxético para Xove, ademais doutros municipios lucenses coma os de Palas de Rei, Sober e Quiroga.
Trátanse dunhas actuación enmarcadas no plan enerxético da Deputación, que aforra a estes Concellos máis de 135.000 euros. Este aforro distribúese do seguintes xeito: 40.000 euros coa auditorías enerxéticas que se realizaron dende a Axencia Provincial da Enerxía; 82.300 euros coa compra e instalación dun total de 1.000 novos compoñentes enerxéticos para os alumeados públicos e edificios municipais; e 15.100 euros, que é a cantidade na que verán reducida a súa factura pola luz ó ano.
Por outra banda, aprobou as contas xustificativas de obras do Plan de Comunidades Veciñais, executadas en núcleos rurais de Lourenzá e Sober, con 17.400 euros da Deputación.
Ó mesmo tempo ratificou o convenio de colaboración co Concello de Viveiro mediante o cal a Deputación achegou 30.000 euros para a celebración da Semana Santa.