Este venres, ás oito da tarde, terá lugar a terceira charla, a cargo de Víctor Moro Rodríguez, ribadense amplamente coñecido dentro e fóra da súa patria chica, que ocupou postos como o de subdirector xeral do Banco de España, director xeral de Pescanova ou conselleiro de administración en Unión-Fenosa, no campo da economía, e Director Xeral de Pesca Marítima, Deputado por Pontevedra ou xefe da oposición no Concello de Vigo, no campo da política. Asemade, ten recibido diversas distincións, como a Orde do Mérito Constitucional, a Cruz do Mérito Naval ou a Creu de Sant Jordi, a máis de ser Fillo predilecto de Ribadeo.
Coma sempre, a charla desenvolverase no Salón de actos da Casa do Mar, comezando ás 20:00 horas. A entrada será libre e gratuíta ata esgotar localidades.
Tras esta terceira charla só quedará a cuarta e última do ciclo, a cargo de D. José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández.