Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove acolle a XIII Festa do Polbo da pedra este Xoves Santo

A vindeira semana, concretamente o XOVES SANTO 17 DE ABRIL, vai desenvolverse en Xove a XIIIª FESTA DO POLBO. Trátase dunha festa gastronómica que está a despertar moito interese, a tenor das chamadas que se reciben no Concello preguntando pola mesma.

A organización corre a cargo dos seguintes establecementos: Cafetería “A Roda”, Pizzería “A Fuga”, “O Refugio”, “Café-Bar “Pepe”, “Cafetería-Bar “Cociña”, Cafetería “Centro Cívico”, Cafetería-Restaurante “O Medulio”, “O Rincón de Nuria”, Pizzería “Onde Sempre” e Restaurante “Terra Mar”. Esta Festa, dende os seus comezos, contou e conta co importante patrocinio e colaboración do noso Concello.

Dada a data na que se vai desenvolver, en plena Semana Santa, dende o Concello cremos que vai ser un todo éxito, esperando unha gran afluencia, tanto do entorno como de fora.

Exit mobile version