Burela acolleu este xoves a II Asemblea da Unión Local da CIG A Mariña na que resultou reelixido Xorxe Caldeiro co 91,17% dos votos emitidos. As/os afiliados existentes respaldaron con idéntica porcentaxe a nova Executiva Local que pasa a estar composta por:
– Xorxe Caldeiro Díaz
– Susana Riveira Fernández
– Xoán Manuel Díaz Branco
– Dores Fernández Abel
– Xesé Manuel Areán Porto
Así mesmo as /os asistentes aprobaron por unanimidade o informe de xestión no cal Xorxe Caldeiro, fixo un repaso a todo o traballo desenvolvido neste catro anos, aos conflictos laborais que houbo na comarca e aos servizos que se foron implementando dende a central sindical, tanto a nivel nacional, comarcal e local.