Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntarios de Alcoa crean unha zona recreativa no campo da festa de Santa Isabel en Lieiro

Voluntarios de Alcoa San Cibrao adecúan este venres 11 de abril a zona recreativa do campo da festa de Lieiro para disfrute dos veciños, en especial durante as festas patronais. A Asociación Santa Isabel, colaboradora nesta iniciativa, recibirá ademais 3.000 dólares da Fundación Alcoa como respaldo a esta iniciativa dos trabajadores da fábrica.

Os voluntarios desbrozarán de maleza o terreo e limpiarán o campo para despois plantar un seto que acotará a zona do merendeiro. Así mesmo, plantarán castiñeiros e carballos que aporten sombra ó merendeiro, á zona da festa e ós arredores da capela de Santa Isabel. Coa axuda dos servizos municipais, instalaranse tamén escaleiras para facilitar o acceso e barandas de protección. Entre outras celebracións, cada ano teñen lugar na zona a popular Sardiñada, na que participa todo o pobo.

A Asociación Santa Isabel ven desenvolvendo actividades culturais e lúdicas dende fai 34 anos, especialmente enfocadas a preservar as tradicións e valores locais. Os seus membros viñeron traballando na mellora do campo da festa, ampliando o seu espazo público e adecándoo para actividades lúdicas. Nestas labores implicáronse a práctica totalidade da poboación de Lieiro, parroquia á que pertenece San Cibrao.

Exit mobile version