Un grupo de alumnos do CIFP Porta da Auga de Ribadeo, do ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitaron este venres o hospital asilo, o centro de día e a vivenda comunitaria. Estiveron acompañados por profesorado do centro, por persoal técnico do Concello e polos responsables das instalacións ás que acudiron. O obxectivo desta actividade “é que o edio da formación, o laboral e os servizos públicos traballen de forma coordinada, porque isto redundará nun beneficio mutuo”, segundo asegurou a concelleira de Saúde e Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa. Os rapaces coñeceron de cerca o funcionameto destes centros nos que viven e aos que acuden usuarios en situación de dependencia. A actividade enmárcase dentro dun proxecto de colaboración entre o CIFP Porta da Auga e a Área de Saúde e Servizos Sociais do Concello ribadense.