Visita do Durán Maquinaria Ensino ás ED Lourenzá-Mondoñedo
edicion2
O C.E.I.P. Juan Rey recibiu este mércores a visita do equipo Durán Maquinaria Ensino que compite en Liga Feminina 2. Eurante a mesma os nenos e nenas coñeceron de pimeira man a xogadoras e corpo técnico, así como tamén tiveron a oportunidade de realizar diferentes xogos e competicións. Estiveron tamén presentes o director do centro, Eduardo Iglesias Villar, e a Alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao. Xa no Concello de Mondoñedo, visitaron pola tarde a sección de Baloncesto das Escolas Deportivas Lourenzá-Mondoñedo. Entre unha e outra actividade tiveron oportunidade de degustar as Fabas de Lourenzá.