Site icon Crónica3.com A Mariña

Vintecatro locais hostaleiros participarán dende este xoves 17 ó sábado 19 de abril na Ruta das Tapas de Foz

Foz, 16 de abril de 2014. A Ruta das Tapas de Foz terá lugar desde mañá, xoves, ata o sábado, 19 de abril, en 24 locais hostaleiros da vila. A cita, organizada pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, celébrase por primeira vez durante tres xornadas, xa que nas pasadas edicións a súa duración era de dous días, venres e sábado.

Os establecementos que participan na XII Ruta das Tapas son: A Funcional con lomo con piña sobre puré de patata; A Maseira con octupus orange; A Rula con brocheta de polbo con langostinos; Bar 78 con empanadilla rechea de callos con garbanzos no seu prebe; Bar Oiche con chipirón dominicano con salsa do rucho; Café-Bar Llas con revuelto de migas de bacalao á portuguesa; Cafetería Express con delicias de mar; Cafetería Happy Days con delicias nodino; Cafetería Mayros con mar e horto con crema de champiñóns; Cafetería Pastelería Anduriña con tenreira galega sobre xelatina de grelos e remolacha con salsa de tetilla e cristais de pataca; Cafetería Xoyma con catro sensacións: carrilleira de porco ibérico, espuma de pataca violeta, crocante de queixo de San Simón e esponxa de tomate; Casa da Roxa con zamba; Fraggle Rock con entrecot en salsa con ensalada de fresas e setas; Hotel Restaurante Leytón con delicias de concha; Mesón O Tangarte con milfollas de mar; Namarinos con rabo de toro en salsa “avispado” sobre pataca panadera; Náutico Centro Social con ovo recheo con atún e salsa rosa, adornado con gambas e gulas; O Muelle Bar con mar de plata; Pizzería Xoiña con salpicón yoinville; Restaurante Casa Damián con lasaña de polbo e salmón afumado; Restaurante Dandy con bacalao confitado en cama de gulas; Restaurante O Lar con festival de bacalao; Restaurante O Tangarte Mariñeiro con yema de mar; e Hostal Norte con filloas do Cantábrico. O prezo das tapas que se ofrecerán nestes locais será de 1,50 euros.

ACIA Foz anima “a achegarse a Foz a saborear as interesantes tapas que están a deseñar e a preparar os establecementos hostaleiros participantes para sorprender a toda a súa clientela”.

A directiva de ACIA Foz lembra que o comercio da vila estará aberto mañá, Xoves Santo, pola mañá e pola tarde para facilitarlles as compras aos que se acheguen a pasar estas vacacións ao municipio e a outros puntos da comarca da Mariña.

Exit mobile version