Madrid, 16 de abril de 2014.- O senador do PSOE por Lugo e Secretario da Comisión de Emprego, Ricardo Varela, reclamou ó Goberno na Cámara Alta, entre outras medidas, que derogue os artigos da Reforma Laboral que causaron a brutal caída dos salarios en España. Tamén solicitou a eliminación dos artigos que inciden en desequilibrar a negociación colectiva en favor das empresas e que actualice o Salario Mínimo Interprofesional de acordo coa Carta Social Europea. O que suporía un salario mínimo de 900 €.
Varela denunciou que a Reforma Laboral do Goberno tiña como obxectivo principal desencadear unha caída salarial, en base ás decisións unilaterais das empresas, e á debilidade negociadora dos sindicatos. O parlamentario do PSOE deu datos de como en dous anos de Goberno de Mariano Rajoy, os salarios caeron un 9% e as rendas salariais trasvasaron miles de millóns de euros ás rendas empresariais.
A continuación, subliñou que o exceso de horas extraordinarias de traballo sobre as reglamentariamente permitidas está supoñendo un impedimento para a creación de emprego e indicou que semanalmente se realizan máis de once millóns de horas de traballo ilegais, o que suporía a creación de 326.838 empregos.
Ricardo Varela asegurou que a Reforma Laboral propiciou unha devaluación de parte da nosa economía e aclarou que a devaluación dos salarios é unha devaluación selectiva e inxusta que castiga ás familias de salarios medios baixos.
A moción socialista tamén propoñía eliminar a prolongación da xornada laboral nos contratos a tempo parcial máis alá do previsto no pacto de horas complementarias, posto que coa regulación actual se fai imposible o control deste tipo de contratos o que permite a realización de horas máis alá do regulado e, en gran medida, non pagadas.
Finalmente, a proposta do PSOE establece reclamar ó Goberno que incremente o control da duración da xornada en todos os empregos, dado que se produciu un aumento das horas non pagadas e actualizar o Salario Mínimo Interprofesional de acordo cos criterios fixados pola Carta Social Europea.
Na exposición de motivos da iniciativa socialista, Ricardo Varela destacou que, despois de dous anos de Goberno do Partido Popular, o paro incrementouse nun millón máis de persoas pese a que o Executivo pretenda convencer ós cidadáns de que os novos datos do paro son unha das claves do éxito da política económica do Goberno.
Varela apuntou que a Reforma Laboral provocou dous graves efectos perversos no mercado de traballo. En primeiro lugar, foi responsable da maior pérdida de emprego asalariado que se produciu nun bienio (2011-2013) con 1,4 millóns de empregos e produciu a maior caída do emprego estable cunha destrucción de 777.2000 traballos.
Ademais, a Reforma Laboral rompeu o equilibrio na negociación colectiva favorecendo a posición das patronais, o que supuxo a maior pérdida de capacidade adquisitiva dos asalariados que se produciu nunca. “Esta pérdida salarial, matizou, ocasiona una restricción del consumo interno que imposibilita una salida de crisis”.
O senador galego criticou que a Ministra Fátima Báñez destrozara o modelo de relacións laborais, xere brutais desequilibrios no proceso negociador e se permita, ademais, pedir ás grandes compañías “sensibilidad y flexibilidad” á hora de aplicar a Reforma Laboral “para evitar despidos”. “Lo cierto es que las empresas no han hecho otra cosa que lo que el Gobierno les ha facilitado: despedir y rebajar salarios”, engadiu o parlamentario socialista.
Ricardo Varela afirmou que unha vez que o Goberno defende o axuste salarial e conxuntural, recoñece que este axuste formaba parte dos seus objetivos da reforma Laboral. Neste punto, pregúntase “de qué instrumentos piensa dotarse para que el ajuste salarial, que califica de coyuntural, no se convierta en estructural” e “dónde está el límite de la política de devaluación, que por no poder ser monetaria en un marco de moneda única, se ha cifrado en exclusiva en las rentas salariales”.
Varela fixo fincapé nos desequilibrios que provocou a Reforma Laboral e sostivo que nos últimos tempos as rendas salariais caera en 44.000 millóns de euros, ó tempo que os excedentes empresariais medraron en 18.000 millóns de euros e mostrou a súa preocupación polo incremento das horas extraordinarias e, de maneira especial, das non cobradas.
O senador lamentou que “nuestro modelo económico para la salida de la crisis sea el del desequilibrio en el reparto de la riqueza del país, a diferencia de lo que se hace en otros países de nuestro entorno, también gobernados por la derecha. Esto revela que nuestra derecha es una derecha radical e injusta que hace que la carga de la crisis sea soportada por aquellos que están en su origen”.
Ricardo Varela concluíu lamentando que o Goberno adopta as decisións referidas ós recortes e as restriccións dos dereitos con moita “discreción” e sen dar explicacións e, neste sentido, puxo como exemplo a conxelación para 2014 do Salario Mínimo Interprofesional.