Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz apoia a fórmula dos presupostos participativos proposta pola Deputación Provincial

UNIFOZ remitirá proposta ao PSdeG-PSOE de Foz, para ofrecer o seu para que lidere unha proposta similar á que se aplicará na Deputación Provincial na que se poñerá en marcha a fórmula de PREPUPOSTOS PARTICIPATIVOS.

UNIFOZ considera a proposta como un paso a diante para conseguir unha maior transparencia municipal, e sobre todo participación e implicación dos veciños mediante os seus representantes nas asociacións na vida municipal.

UNIFOZ incluía esta proposta no seu programa electoral, xunto con outras, de reunións periódicas de traballo cos veciños, como mínimo unha vez ao ano.

A fórmula aplicada no seu día de participación dos veciños na elaboración de propostas para o PXOM, nos da un exemplo da riqueza democrática e de participación dos veciños de Foz, na súa implicación na vida municipal.
UNIFOZ, está en disposición de apoiar pois unha proposta para creación de unha comisión formada no seo da Corporación Municipal, para artellar as canles de participación dos veciños para elaboración dos PRESUPOSTOS MUNICIPAIS.

Con esta proposta conseguiriamos o anteriormente mencionado e tamén se conseguiría sacarnos da situación na que se encontra o noso pobo de uns presupostos prorrogados dende o ano 2012, pola incompetencia do E.G. do PP de Foz, que son incapaces de consensuar uns presupostos para Foz.

Exit mobile version