Site icon Crónica3.com A Mariña

Un pobo que esquence a súa historia está condenado a repetila

É certo que un pobo sen historia é como un pobo sen memoria e o unico que queixume é como os politicos teñen aínda nas súas filas xente que estivo tan involucrada en actos de terrorismo de estado . O problema que hai neste pais é que aqui non houbo un Nuremberg e permitiuse a todo o facherio formar partidos “democraticos” que o unico que queren é reimplantar o antigo regimen,xa se vió con Aznar e podémolo ver hoxe en dia con xente como a Espe, Mayor Oreja, e demais “demócratas de toda a vida”.

Pretendo cabrear o facherio ? non e a miña intencion, pero, non facemos nada por medo a que os fascistas se mosqueen ? xa, iso é normal en xente sumisa a que non lles impota dicir que chove cando mexan por encima dun, pero non foi así como conseguíronse mellóralas sociais , o dereito ao voto das mulleres, e, o fin do poder das leis da igrexa sobre as do estado?..

E xusto e necesario aplicar a xustiza recoñecendo a persoas que foron injustamente masacradas. E si, eu estou a favor de retirar os simbolos fascistas, por un só motivo, porque foron impostos, non foron postos por un rexime democratico, foron impostos malia a negación da xente da rúa, co que si queren que se queden, pois que veña o PP e que poña no seu programa que non se ván a retirar e xa está, que se faga un lei de protección de simbolos franquistas como herdanza histórica. Pero non que queden aí impostos obligatoriamente representando só a un bando?. E que condenen á ditadura franquista como o que realmente foi, unha DITADURA imposta a sangue e lume, que iso tambien foi terrorismo e eles non o condenan.

A mediodia do domingo 27 xuntanse no barrio de xunqueira un grupo de viveirenses, en un acto civil e demogratico para lembrar neste mes de Abril, mes dá Republica, a os cidadáns que polos seus ideais republicanos foron vítimas dá represión política perante a mal chamada Guerra Civil, pois o foi un golpe de estado protagonizado por os militares, igrexa catolica e a oligarquia contra a legalidade saida dasa urnas. e tamen na posguerra por defender a liberdade, a xusticia e a legalidade da II REPÚBLICA.

É dabondo coñecido que o franquismo reprimiu todas as actividades que consideraba subversivas, xa fosen políticas, sindicais ou relixiosas. A intensidade desta represión adquiriu tons diversas, desde a aniquilación dos restos de poboación republicana , na inmediata posguerra, ata a loita contra os elementos que atentaban contra a seguridade do réxime franquista.

Pero pasados 70 anos de aquelas 100 mortes, centos de vidas destrozadas, marxinadas, torturadas e represaliadas, a memoria historica de viveiro segue brilando por a sua ausencia, mais alo de sendos actos protagonizados por o Bloque e unha plaquita posta no cementerio de Altamira.

É por iso que os nosos politicos con mando en plaza están tan obsesionado con mirar cara a adiante? cousa rara, por outra banda, que une a os politicos conservadores cos chamados de esquerda.
É por iso que están en contra da lei da memoria histórica?, É por iso que se nega a condenar o franquismo ? E por iso polo non quere que se desentierren as fosas comúns da guerra civil ?. É por iso que se negan a pedir perdón polos erros do pasado?.

Otero Regal.

Exit mobile version