Desde a directiva de ACIA Foz sinalan que “o queremos é ofrecer unha proposta gastronómica durante a semana santa, para que a disfruten tanto os veciños e as veciñas da nosa vila coma aquelas persoas que chegarán a Foz a pasar estas vacacións. A Ruta das Tapas xa está consolidada en Foz e o que agardamos é que o tempo acompañe e que volva ser un éxito de público”.
Os establecementos que participan na XII Ruta das Tapas son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar 78, Bar Oiche, Café-Bar Dallas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Casa da Roxa, Fraggle Rock, Hotel Restaurante Leytón, Mesón O Tangarte, Namarinos, Náutico Centro Social, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar e Restaurante O Tangarte Mariñeiro. O prezo das tapas que se ofrecerán nestes locais será de 1,50 euros.
ACIA Foz anima “a achegarse a Foz a saborear as interesantes tapas que están a deseñar e a preparar os establecementos hostaleiros participantes para sorprender a toda a súa clientela”.