Site icon Crónica3.com A Mariña

Sanjurjo Moda inaugurou a súa cuarta tenda en Ribadeo

090414 Foto Sanjurjo Moda (2)Sanjurjo Moda abriu o pasado domingo na avenida Rosalía de Castro, de Ribadeo, xusto detrás do Cine Teatro, unha tenda con roupa para toda a familia de grandes marcas como McGregor, Levi´s, Dockers, Esprit, Florentino e moitas máis de estilos elegante, urbano ou sport. A xornada inaugural reuniu a centos de persoas, que ademais de visitar a tenda puideron disfrutar dun aperitivo e ver a elaboración dunha pintura mural. Sanjurjo Moda é unha empresa familiar que leva máis de 50 anos e tres xeneracións dedicadas ó comercio textil e que apostou por Ribadeo ó consideralo “o lugar que elixen para facer as súas compras moitos veciños do norte de Lugo e o occidente asturiano, ademais dos turistas que visitan a zona”. A tenda abrirá todos os días da semana de luns a domingo.

Exit mobile version