Ribadeo, 4 de abril de 2014. Sanjurjo Moda inaugura este domingo na avenida Rosalía de Castro, de Ribadeo, (xusto detrás do Cine Teatro) unha tenda con roupa para toda a familia de grandes marcas como McGregor, Levi´s, Dockers, Esprit, Florentino e moitas máis.
Sanjurjo Moda é unha empresa familiar que leva máis de 50 anos con tres xeracións dedicándose ó comercio téxtil e, ademais do que abre este domingo en Ribadeo, ten outros tres establecementos en Vilalba e Guitiriz.
Na tenda de Ribadeo os clientes poderán encontrar as coleccións das mellores marcas do momento tanto en roupa sport coma nunha liña máis elegante e urbana.
Os propietarios de Sanjurjo Moda apostaron por Ribadeo para abrir o seu cuarto establecemento comercial porque consideran que é o lugar que elixen para facer as súas compras moitos veciños do norte lucense e do occidente asturiano así coma gran cantidade de turistas que visitan a zona.
A tenda de Sanjurjo Moda en Ribadeo abrirá todos os días da semana, de luns a domingo.