Site icon Crónica3.com A Mariña

Saíñas organiza o VI Festival Infantil de Semana Santa

Este sábado, 12 ABRIL, ás 19:30 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico, a Asociación Cultural Saiñas de Xove organiza o VI FESTIVAL INFANTIL DE SEMANA SANTA.

Este ano contamos coas seguintes agrupacións:
-“ARCO DA VELLA” DE SAN MIGUEL DE REINANTE.
-“ÑÁÑARAS”, “CACHARELAS” e os grupos de Iniciación tanto baile como de pandeireta de Saiñas de Xove.

Como dixemos, a organización corre a cargo da Asociación, contándose para este evento coa colaboración do Concello de Xove.

En total van a participar máis de 100 nenos/as e rapaces/as con idades entre os 8 e os 15 anos aproximadamente.

Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos visitantes nesta Semana Santa.

Exit mobile version