Ribadeo, 16 de abril de 2014. Roberto Ramos Piñeiro será o novo presidente da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos (Acisa) Ribadeo ó encabezar a única candidatura presentada no proceso para elixir xunta directiva. O prazo para a presentación de listas concluíu este mércores ás oito do serán.
A nova directiva de Acisa Ribadeo está integrada tamén por: David Fernández Freijo, de Nordés Náutica, como vicepresidente; o secretario será Roberto Rivas Tomé, de Restaurante Marinero; da tesourería encargarase Manuela Torviso Pérez, de Mercería Torviso; e os vogais son Rocío Martínez García, de Bar Costa Verde; David Martínez Martínez, de Hola Ola; José Antonio Lombardero Bellón, de Bar Queimada; Manuel Vázquez González, de Servicios Audiovisuales El Farero; Ana Abad Sánchez, de Anais; María del Mar Torviso Berdeal, de Opticalia; Ramón Leivas Lavandeira, de Garaje San Andrés; y Francisco Miguel Iriarte Quintana, de Gráficas Ribadeo.
A nova xunta, que dirixirá ACISA durante os dous próximos anos, tomará posesión dos seus cargos o luns 28 deste mes.