Trátase dunha colección de fotografías realizadas para o libro “EVOQUE” editado e presentado por Hasselblad no ano 2012 xunto con varios traballos dos fotógrafos gañadores do “Máster Hasselblad 2012”.
As fotografías son unha continuación do traballo publicado no libro “Os pobos das néboas”, no 2010, que recolle a desprotección do “Triángulo dos Trasnos”, en Vilarxubín, patrimonio de arquitectura popular.
Ansola, que naceu en 1959 en Alceda -Cantabria-, conta cunha envidiable traxectoria profesional na que destacan as súas exposicións en distintos lugares do mundo e varios premios, entre eles a obtención do Gold Award de Kodak. Un dous premios máis prestixiosos do mundo.
Ansola, durante ese ano percorreu 25.000 quilómetros atopando paisaxes únicas que lle inspiraron unhas seis mil fotografas. 39 desas imaxes conforman o libro O bosque da bailarina, que acaba de editar. Comparando Irlanda con Galicia, asegura que na illa “os camiños son máis revirados e non atopas xente no medio das paisaxes; non como aquí, que hai xente en todas partes”
“O Pobo das Néboas” recolle doce mil fotografas de casas de pedra, hórreos, cabazos e persoas. “Hai persoas porque quería render unha homenaxe a todas esas persoas que seguen vivindo na zona rural, que son os últimos mohicanos”, explica. “Dáme pena que non valoren as súas casas e as súas construcións, polo que vou intentar cambiar esa visión a través do que sei facer: a fotografía”.
A poesía como mensaxe, como reclamación como protesta dun tempo e dun país aquí e agora arquitectos e analfabetos culturais trouxéronnos o feísmo de Barreiros, de Burela, de Viveiro….e Ansola reclama expoñendo a outra verdade a verdade da nosa cultura, da nosa tradición e tamén denuncia o sempiterno runrún maldito desta terra que sempre pensa que “o de fóra é mellor que o noso”.